20/1/17

Contaminación Acústica.


Este ano no centro estamos facendo un Proxecto documental integrado sobre o Medioambente entre todas as aulas do centro de maneira que o noso alumnado tome conciencia da importancia de respeto e coidado do planeta no que habitamos.

Dende a aula de terceiro decidimos contribuir a reducir a contaminación acústica da nosa aula con actitudes e comportamentos que eviten o ruído e favorezan o silencio e o respeto aos outros e ao noso planeta, pois o ruído tamén e outro modo de contaminación.

Esperamos os guste a nosa proposta!






TABLAS DE MULTIPLICAR

En terceiro as Mates supoñen un novo reto: A Multiplicación.
Para afianzar as nosas destrezas coa multiplicación podemos xogar coas actividades propostas no seguinte enlace.

Moita sorte! 






18/1/17

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS.

Na materia de Ciencias Naturais este trimestre comezamos calentando motores co tema 4, investigando sobre os animais vertebrados e invertebrados. Para poder profundizar mais en cada unha das súas características, tipos e peculiaridades, podemos indagar no seguinte enlace.


ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

Aniversario de Ero

Onte festexamos o aniversario do noso compañeiro Ero, que cumpliu 9 anos. Para festexalo trouxo unhas deliciosas magdalenas con virutas de chocolate, feitas coa axuda da sua nai e o seu irmán. Estaban boísimas!
Grazas Ero, moitas Felicidades!!!


17/1/17

Valores : Tensión

Este trimestre seguimos a nosa ruta polo emocionario e indagamos en sentimentos e emocións novas. A semana pasada tocoulle o lugar a "Tensión". Esta vez imos empregar un modo de expresión diferente, pois no 1º trimestre empregamos a linguaxe oral para expresar e definir cada emoción. neste trimestre imos empregar o arte e a plástica. Este foi o noso primeiro intento.
 

FESTA FIN DE ANO 2017

Como o fin de ano sucede durante as vacacións de Nadal e nunca podemos festexala cos nosos compis, na aula de 3º decidimos facer o noso simulacro de fin de ano cos compañeir@s da clase.

Contamos coa colaboración excepcional da nai de Uxía ( Rosi) para a elaboración da parte culinaria: ensinounos a facer turrón de suchard riquísimo!!!! e a decorar con fondant de cores uns biscoitos con forma de papa noel, árbore de nadal e un boneco de neve!! 

Como boa festa de fin de ano non podía faltar o poñerse guapo, así que coa axuda do cotillón, barra de labios e bo humor, quedamos guapísimos para o evento. 

Tampouco poden faltar as campanadas e as uvas! Esta vez coa pizarra dixital, cañón e internet trasládomonos a porta do Sol en Madrid, con presentadores, cuartos e campanadas fomos comendo as doce tradicionais froitas ( aqueles exquisitos que non tiveron valor coas uvas poideron cambialas por mandarina). 

Abrazos, felicitacións e brindis polo novo ano 2017, coa visita de Papa Noel e todo, foi un pouco sorprendente!!! 

En toda celebración que se tercie non pode faltar a festa! a música! o baile! Así que a bailar!!!!! 

E cando xa parecía que non quedaba mais!!! Como remata cada fin de ano!!????? 

Pois recibindo o ano novo por todo o alto con chocolatada e churros!!!!!!!!! Outra vez Rosi deixounos boquiabertos cos seus churros caseiros que ata os que non os habían probado nunca pedían repetir!!! e un chocolate para mollar e non parar!! 

Xa non queda nada mais que desexarvos a todos e todas un Feliz Ano Novo 2017!!!!!!! e agradecer a nai de Uxía a súa axuda, colaboración, entusiasmo e invitala a volver cando queira porque quedamos abraiados!!! 

  FELIZ ANO NOVO 2017!

Nuria Fernandez Fariñas de Slidely by Slidely Slideshow

10/1/17

Os continentes

O final do 1º trimestre na materia de Ciencias Sociais estivemos investigando sobre os Continentes. este foi o resultado!!!



Nuria Fernandez Fariñas de Slidely by Slidely Slideshow

Saída a Correos.

Aproveitando o Nadal, fixemos Postais de Nadal para enviar as nosas familias, amizades,... Unha vez creadas as postais fomos levalas a oficina de correos , para mercar e poñerlle o selo e poder votalas no buzón, e así desexar a todos un " BO NADAL".
 
Nuria Fernandez Fariñas de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

OBRADOIROS TALENTEA.

Podedes acceder ao obradoiros de Talentea celebrados no centro sobre igualdade a traves do seguinte enlace no blog da clase de 4º.

Felicidades a nosa compañeira Ainara que foi a gañadora do noso curso!

                                                      OBRADOIROS TALENTEA

Aniversarios Decembro

O longo do mes de Decembro tivemos varios aniversarios de compis da clase: Ainara, Xavi e Yoli. Trouxeron ricos postres caseiros para compartir co resto de compañeir@s. E a todos eles e elas agasallamos cunha aperta de oso e palabras de agradecemento e dedicatorias. Nalgún deles tivemos incluso actuación improvisada de baile, bicos e aplausos de homenaxe como agasallo.